O concello de Vilaboa e a Deputación de Pontevedra a través do Plan Revitaliza queren agradecer o esforzo de veciños e veciñas que ao longo dos últimos 4 anos fixeron que hoxe Vilaboa sexa lider en Galicia na implantación da compostaxe como método de xestión de residuos cotribuindo a frear o cambio climático. Para isto, o Concello estrea a campaña de educación ambiental e comunicación baixo o lema “Vilaboa grazas de todo corazón”.
A campaña, que contou coa asociación ambientalista Amigos da Terra para a súa organización, componse dunha serie de videos grabados co publico protagonista deste proxecto que irán saindo ao longo de todo o mes e un calendario de produtos de tempada que se enviarán a cada casa de todas as persoas do municipio.
Familias, centros de ensino,hostelería, restauración e empresas, son as protagonistas dos videos e dos bos resultados deste proxecto que deu comezo hai 4 anos e que conseguiu que hoxe se xestione o 75% da materia orgánica in situ, en vivendas e empresas evitando asi que centos de toneladas de residuos viaxen ata Sogama e ao mesmo tempo, reducindo as emisions de gases de efecto invernadoiro. “Grazas á compostaxe en Vilaboa, reducense anualmente 230 Toneladas de CO2 ao ano, isto sería como viaxar en coche á lúa 5 veces”, declara Cesar Poza, alcalde de Vilaboa Dende o Concello querese agradecer o esforzo de todas as persoas que traballaron dende o local buscando un beneficio global e animar aos que faltan a formar parte deste gran equipo.
A campana inclúe tamén o envío a todas as vivendas do concello de un triptico no que coñecer todos os servizos que ofrece o plan de compostaxe de Vilaboa, así como un calendario de produtos de tempada que serve de guía para coñecer cal é a mellor época para consumir cada alimento no seu estado óptimo de maduración.
Vilaboa, co seu esforzo é o concello de Galicia que máis se achega aos obxectivos de reciclaxe marcados pola Directiva Europea de residuos.