O pleno extraordinario celebrado onte aprobou, tambén por unanimidade, dar pasos adiante e buscar fórmulas para tratar de poñer a disposición da Xunta os terreos da futura instalación sanitaria no entorno da Rúa
O pleno extraordinario celebrado na tarde de onte a proposta do PP acabou cun compromiso de toda a corporación municipal para dar un paso adiante no que o Concello compete para, nun futuro a curto-medio prazo, mellorar a calidade sanitaria local que, precisamente, nas últimas horas agravouse co a decisión do Sergas de pechar o centro de saúde polas tardes durante o verán. Un feito que tódolos partidos rexeitaron, incluido o PP, e que levou ao portavoz popular, José Enrique Sotelo, a lanzar unha ameaza: «Creo que a situación que se vai a vivir nos parece, ademáis dunha falta de respeto e un insulto á intelixencia, e se o día 16 de xullo isto non se arregla quen lles fala deixará de ser concelleiro, con todo o dor, desta corporación. Non vamos a permitir que catro tecnócratas tomen decisións corporativistas en perxuicio de un pobo de 27.000 habitantes», expresou Sotelo na súa primeira intervención. «Me parece lamentable, eu son profesional deste centro e entereime de puñeteiro rebote», apostillou.
Ainda que a sesión convocouse para debater unha moción do grupo municipal popular na que instaba á corporación a dar pasos adiante para tratar de poñer a disposición da consellería de Sanidade os terreos necesarios para a construcción dunhas instalacións sanitarias mellores (se é un CIS ou un CAR ainda está por decidir e debater) a nova do peche elevou a preocupación e o tono das intervencións. Crear un Plan de Saúde local, una comisión de seguemento sobre este tema e que o Concello se faga coa titularidade de 10.000 m2 no entorno da Rúa para a construcción eran os tres puntos recollidos na moción que obtiveron o apoio de tódolos grupos políticos da corporación a pesares de que el PP rechazou a enmienda presentada polo PSdeG que, coma hasta agora insistiu, a parcela obtéñase mediante a modificación puntual do PXOM «supeditada a que a empresa que a presentó poña a disposición do Concello os 10.000 metros de terreo», dixo o portavoz socialista, Eugenio González. «Terreos sí pero non a calquera precio e, ademáis, insisto, esa ubicación que se nos propón non é a adecuada», respondeu o portavoz do PP ao PSdeG.
Pola contra, os populares aceptaron a proposta do BNG de incluir na moción que o Concello destine unha partida nos presupostos de 2021 para facerse coa titularidade dos terreos na Rúa e, ademáis, sustituir a palabra CIS do escrito pola de instalación sanitaria.
Pola súa parte, a alcaldesa e concelleira de Sanidade, Victoria Portas, pidiu «altura de miras» e aclarou que «dende que se comenzou todo o conflicto entre CIS e CAR dende 2010 non avanzamos nada e utilizar certas siglas nos está separando de algo que tod@s temos claro, e estou convencidísima, e é que a situación e o centro non poden ser coma os que temos e hai que melloralos». «Comparto o enfado do Sr. Sotelo porque Moaña e Cangas non poden ser atendidos en horario de tarde no PAC», engadeu.