Entrada ao PAC de Cangas.

O Sergas continúa hoxe coa súa intención de pechar o centro de saúde de Cangas polas tardes durante os meses de verán tal e como confirmou a Morrazo Noticias no día de onte. E iso, a pesares de que no pleno de onte o líder e portavoz do grupo municipal do PP en la corporación de Cangas, Xosé Enrique Sotelo, amenazou coa súa dimisión se non daba marcha atrás antes do 16 de xullo. «De entrada mantense a centralización da xornada de tarde na mañá», manifestan a este medio dende o departamento de prensa da Área Sanitaria de Vigo. Sobre as palabras de Sotelo, dín non querer facer comentarios.

Pola contra, negan que o peche afecte tamén ao centro de saúde de Moaña que, nun principio, manterase coma ata agora. Mentres que as urxencias continuarán no PAC de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *