El alcalde de Vilaboa, César Poza, en el su despacho.

O goberno local traballa dende hai dous anos na reducción do consumo enerxético apostando pola sustituir luminarias obsoletas por outras led

A finais do ano 2020 o goberno que lidera César Poza aprobaba en pleno un ambicioso Plan de Acción polo Clima, elaborado o abeiro dunha subvención de 5.983 euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Feder. Adquiría naquel momento o compromiso de facer un seguimento das medidas implementadas cada dous anos.

Por elo, o goberno local contratará agora a elaboración do informe de seguimento que identifique o grado de cumplimento do devandito Plan de Acción polo Clima ao carecer a plantilla municipal de técnicos cualificados para realizar esta tarefa.
O goberno local centrouse desde aquel momento en adoptar medidas que apostasen claramente polo aforro enerxético, promovendo a sustitución das luminarias máis deterioradas por outras led de baixo consumo. A parroquia de Bértola é a pioneira na execución desta medida. “Imos no bo camiño pero ainda queda moito por facer”, apunta César Poza.

O documento aprobado en 2020 desgrana en cerca dun centenar de páxinas a realidade social, económica, educativa e turística do municipio de Vilaboa e audita os seus consumos enerxéticos en diferentes planos para marcar finalmente as accións a acometer para reducir os consumos.

Vilaboa forma parte das máis de 7.000 administracións locais e rexionais de 57 países que de xeito voluntario se comprometeron a implantar obxetivos en materia de clima e enerxía da UE. Todos comparten unha visión común para 2050: acelerar a descarbonización dos seus territorios, fortalecer a súa capacidade para adaptarse aos impactos ineludibles do cambio climático e conseguir que os seus cidadáns disfruten de acceso a unha enerxía segura, sostible e asequible.

O Plan de Acción polo Clima de Vilaboa recolle como un obxetivo a reduccion do 40% das emisións de GEI no ano 2030. Para logralo, o primeiro paso é unha optimización dos parámetros existentes. O cambio de modelo na xestión dos residuos, a eficiencia enerxética de edificios, instalacións e equipamentos públicos e no ciclo hidrolóxico, así como o fomento do aforro enerxético entre a cidadanía son os eixos nos que se encadran ditas accións e nos que o goberno de César Poza leva traballando os últimos dous anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *