Rúa Estrada de Marín depois da humanización.

Esta actuación de mantemento mellorará a visibilidade desta sinalización e a estética xeral do espazo urbano. Os traballos iniciaranse o domingo e suporán unha inversión de máis de 26.500 euros

O Concello de Marín iniciará o domingo pola noite as labores de rehabilitación de
marcas viais en rúas do casco urbano de Marín, un proxecto que se enmarca no
programa de intervencións en vías públicas do Goberno local para mellorar o
espazo urbano.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, mantivo unha reunión de
coordinación coa empresa que realizará a obra, así como coa Policía Local. Nela,
informouse de que os pintados serán realizados durante a noite, polo que non
afectarán ao tráfico. Unicamente, pedirase a retirada de vehículos estacionados
nalgún caso, algo que será avisado con anterioridade a través de cartelaría.

A actuación, na que se investirán 26.594,51 euros, consistirá no repintado de
marcas viais do pavimento da calzada, dado o importante deterioro da pintura
que se pode ver a simple vista, mermándose a súa visibilidade.

Por outra banda, esta actuación permitirá corrixir os casos onde a sinalización
existente non se axuste á normativa. Durante a execución, será preciso estar moi
pendentes da climatoloxía, xa que estes traballos non se poden realizar con
chuvia.

As rúas que se beneficiarán deste proxecto de repintado serán:


● Rúa Lameira
● Avenida de Ejército y Marina
● Intersección da Rúa do Forte, con Avenida Ejército y Marina e Rúa Lameira
● Rúa do Forte na súa totalidade
● Enlace da Rúa do Forte con Tiro Naval Janer
● Enlace da Avenida de Ejército y Marina con Rúa Tiro Naval Janer e Rúa da
Ponte
● Rúa Serafín Tubío
● Entorno da Praza de España
● Rúa da Ponte
● Enlace da Rúa da Ponte con Rúa Doutor Touriño Gamallo
● Rúa Doutor Touriño Gamallo
● Rúa Concepción Arenal (xunto ao Parque Eguren e ata o seu enlace coa
Rúa Carballiño)
● Rúa da Estrada
● Rúa Méndez Núñez
● Rúa Vidal Pazos
● Enlace da Rúa Méndez Núñez con Concepción Arenal e República
Arxentina
● Rúa República Arxentina
● Enlace da Rúa República Arxentina coa Rúa de Quevedo
● Rúa de O Carballiño
● Rúa de José Trasande

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *