A rúa José Costa Alonso de Moaña.

Un can caeu na tarde de onte desde un cuarto piso da rúa José Costa Alonso de Moaña e, milagrosamente, salvou a vida. Segundo informa a Policía Local, ocorreu sobre as 16:30 horas cando o animal atopábase só na vivenda. Por causas que se descoñecen caeu desde a xanela ao patio de luces coa sorte de que a caída a amorteceu un tendal.

Na o operativo tiveron que intervir os Bombeiros do Morrazo porque xusto nese momento tampouco se atopaba no domicilio a propiedade do primeiro piso e tiveron que acceder por unha planta superior.

O can resultou ferido nunha perna e foi trasladado ao veterinario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *