Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao presentar síntomas de inhalación de gas, debidos a un posible escape no seu domicilio en Tirán, Moaña.

O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos, pouco despois das sete da mañá, mediante unha chamada dos servizos sanitarios. Na comunicación, os profesionais sanitarios afirmaban estar facendo o traslado dun pai e unha filla ao presentar, ambos, síntomas de inhalación de gas. Ademais, engadían que outros membros da familiar estaban xa a ventilar a vivenda e que se atopaban ben.

Con esta información, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deron aviso aos Bombeiros do Morrazo, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e á empresa subministradora do gas.

Xa desde o lugar dos feitos, os Bombeiros confirmáronlle ao 112 que, tras facer as comprobacións necesarias na vivenda, a situación quedaba segura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *