Dos tres desaloxados, o inmoble central, onde se atopa Calzados Pumar, é o que conta coas gretas máis profundas e os seus residentes tiveron, por precaución, que pasar a noite fóra das súas vivendas ante o risco de que puidese producirse un esborralle da estrutura.
Tras o ocorrido, e unha vez os técnicos xunto a un policía local realizaron unha inspección ocular do estado dos tres edificios, determinaron que os dous dos extremos non tiñan dano algún aparente e que as familias podían volver ao interior. Non así a do central. Desde o Concello, e persoalmente a alcaldesa, Leticia Santos, que permaneceu no lugar en todo momento, ofreceu axuda a estas persoas no caso de que necesitasen aloxamento temporal pero aseguraron ter onde pasar a noite.
O informe elaborado polos profesionais e a Policía Local recolle que este edificio puido resentirse máis que o resto dado que a súa estrutura é de madeira mentres que os outros dous téñena de formigón.