Una de las imágenes que recoge el anteproyecto sobre la humanización de Ramón Cabanillas y la conexión de la Moaña alta con la baja.

A asociación de veciños Bouza-Quintela manifestou o seu rexeitamento ao acondicionamento do aparcamento da Casa da Cultura «porque perderíase aparcamento»

Catro horas de reunión foron as que tiveron onte os edís de Movilidad, Rodrigo Currás, e de Urbanismo, Odilo Barreiro, coas forzas vivas que, dalgunha forma, teñen algo que dicir na proposta de humanización dun tramo de Ramón Cabanillas e no plan de conexión accesible da Moaña Alta coa Baixa. Dous delas dedicáronllas aos propietari@ s afectade@ s pola instalación dos ascensores, que mostraron un «rexeitamento psicolóxico» a situalos xunto ás súas parcelas polo «impacto estético que se xera» e pola «preocupación» pola perda de luz solar que supoñería a estrutura metálica sobre elas.

Así o traslada Currás, quen para liquidar este problema expuxo a estas familias retranquear os ascensores á parte traseira dos edificios. Ademais, comprometeuse a tentar situar as pasarelas sobre extremas de leiras ou servidumes de presas de auga existentes, e para confianza dos afectados, lembrou que o técnico contratado sobresae pola calidade dos seus deseños, moi respectuosos cos valores culturais, ambientais e de patrimonio, con recoñecemento hai escasas semanas de dúas obras súas na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (que mostra as mellores obras panorama estatal dos dous últimos anos).

Unha proposta que agora deberán de estudar para unha nova reunión cos técnicos e o Concello. O mesmo que terá que facer os veciños afectados da Canexa que protestaron porque «o seu ascensor non resolve a accesibilidade universal plena na súa rúa». Neste sentido, tanto técnicos como desde o goberno local informaron de que «non é posible converter as escaleiras existentes nunha costa debido a que a normativa actual esixe un desenvolvemento físico moitísimo maior para ramplas» e admitiron que, efectivamente, «o anteproxecto non resolve a accesibilidade universal pero si que melloraría moitísimo a accesibilidade do barrio en xeral debido a que reduce esforzos de maneira evidente, acurtando tramos e dando a opción a todas as persoas veciñas de acceder baixando en lugar de subindo banzos».

As asociacións manifestaron a súa postura

As outras dúas horas restantes mantivéronse con representantes e persoas convidadas por asociacións (participaron as asociacións A Bouza-Quintela, Praia-Seara, Fecimo- Acimo) que solicitaran poder asistir a estas primeiras reunións presenciais que permite o Covid. Neste encontro, Bouza-Quintela insistiu en que «a prioridade debe ser dos vehículos, privados ou de transporte público, sobre as persoas», explica Currás, «chegando a manifestar que están en contra do acondicionamento do aparcamento da Casa da Cultura porque perderíase aparcamento».

«O propio arquitecto redactor do anteproxecto mostrouse sorprendido de que unha asociación de veciños poida estar en contra de acondicionar unha área de aparcamento dándolle máis vocación de espazo público, e insistiu en que ao ordenar as prazas caberían máis coches aparcados, abrindo a porta a usos culturais en momentos concretos», relatou o edil de Movilidade sobre a reunión.

A pesar destes inconvenientes, Currás asegura que o anteproxecto non está morto e que o feito de que continúen as reunións supón un avance porque hai «diálogo» para tratar de chegar a un consenso por ambas as partes. Ademais, lembrou que, precisamente, estas conversacións mantéñense para facer participativa esta iniciativa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *