Telefónica de España S.A.U respondeu á petición do Concello de Cangas para proceder á retirada das 9 cabinas telefónicas que mantén no termo municipal e que presentan un deplorable estado de abandono. Telefónica de España informa ao Concello de que nas vindeiras semanas procederá á retirada das cabinas situadas na rúa Santiago, na Avenida de Ourense, na Avenida Montero Ríos, na rúa Eugenio Sequeiros, en Méndez Núñez, xunto ao Centro de Saúde, na Avenida Montero Rías e en Aldán.

A resposta de Telefónica de España responde a un informe elaborado pola Policía Local no que se reflexa o deterioro das cabinas, con cristais rotos e cableado solto no seu interior e que reflicte tamén a mala imaxe do municipio que dan esas pezas do mobiliario público e que ademais implican certos riscos para os cidadáns.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *