Estado do céspede parque infantil da Alameda de Marín.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, informou de que xa están contratados os traballos para substituir a cuberta de céspede artificial do parque infantil da Alameda, un dos máis céntricos e utilizados do municipio e que agora presneta algunhas deficiencias nesta cobertura debido, precisamente, a esa intensidade no seu uso.

Invertiranse cerca de 17.000 euros, impostos incluidos, e iniciaranse os traballos á maior brevidade posible, probablemente a partir da próxima semana, o que poderá supor, de xeito puntual, o peche destas instalacións de ocio.

O mantemento dos parques infantís e das árras recreativas do Concello é un eixo de traballo constante por parte do Goberno local, pero a maiores, coma sucede neste caso, é preciso levar adiante actuacións máis integrais para garantir que se teñen nas mellores condicións posibles estes espazos, usados ademais polos máis pequenos da vila e, polo tanto, pola poboación máis vulnerable

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *