O Partido Popular de Cangas cuestiona a seguridade dos arcos luminosos que se están instalando nos últimos días en diferentes puntos da vila de cara ao vindeiro Nadal. Dende o grupo municipal recordan o acontecido nas Festas do Cristo, “uns feitos que seguen sen aclararse e dos cales seguimos agardando resposta as nosas preguntas” puntualizan a vez que cuestionan ao goberno local sobre si existe un Plan de Seguridade nesta ocasión. “Entón quedou patente que non se estaban facendo as cousas ben, que se estaba anclando
os arcos a fachadas privadas sen as debidas autorizacións e que tampouco se estaban tomando as precaucións de seguridade necesarias” lembran os populares.
“Preocupanos que ante os fenómenos meteorolóxicos adversos que estamos a vivir nestás últimas semanas, sumada a clara falta de dilixencia do actual equipo de goberno sobre este asunto, poida provocar un accidente evitable” explican. “Por iso reclamamos transparencia ao goberno da sra. Gestido e que respondan ás preguntas formuladas e que expliquen en que condicións se están instalando esos arcos luminosos e que medidas de seguridade se están
aplicando” insisten. “Por moito que miren cara outro lado dende a nosa formación insisteremos as veces que faga falta. Estamos falando da seguridade da veciñanza. Un asunto o suficientemente importante como para dar as explicacións precisas dende o minuto un e non botar balóns fóra como fan sempre con todo”.
Dende o PP tamén critican o gasto sen control por parte do tripartito. “Un feito que quedou reflexado no listado de facturas presentadas no último Pleno. En prensa falaron só das relativas ao gasto eléctrico pero a realidade que son moitas máis” recalcan. “Facturas reparadas polo servizo de intervención porque nin contan coa debida partida presupuestaria nin se respeta os procedementos establecidos na lexislación relativa a contratación pública” destacan. “Levan tempo anclados no discurso victimista de que non teñen cartos porque non aprobaron os orzamentos pero a realidade e que están a facer un uso caótico, errático e sen control dos recursos públicos” apostillan.
“Tamén coñecimos entón que non se estaban realizando as inspeccións aos edificios de máis de 50 anos requeridas pola lexislación vixente. É máis, só cumpriron ese trámite o 4% dos 500 inmobles afectados” destacan dende a forza maioritaria da corporación. “Un exemplo máis da incompetencia na acción de goberno das tres formacións que gobernan Cangas” rematan.