O Concello de Marín rexistra hoxe, segundo datos aportados pola Consellería de Sanidade, 27 casos activos, dous máis respecto a onte. As autoridades sanitarias tamén informaron esta mañá dos datos relativos ao cribado realizado esta fin de semana á poboación nova.

Aínda que nun primeiro momento ían ser convocadas só as persoas entre 18 e 19 anos, finalmente o rango de poboación foi de 17 a 20. En total, citouse a 785 veciños e veciñas, dos que só acudieron 397, é dicir, o 50%. Só se detectou un caso positivo.

A alcaldesa María Ramallo lamentou que “non houbera máis participación” e agradeceu aos que si acudiron á súa cita a colaboración que mostraron para poder seguir detectando asintomáticos e, deste xeito, frear a suba nos casos activos rexistrados no municipio.

Máis alá deste cribado, Ramallo lembra que segue activa a proba de saliva en farmacias, que é unha ferramenta útil para detectar posibles asintomáticos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *