Cuberta xa reparada.

As filtracións de auga nas aulas estaba afectando ao día a día do centro educativo, polo que o Concello encargou un proxecto para iniciar as obras o antes posible e subsanar esta problemática

A concelleira de Educación, Marián Sanmartín, informou esta mañá de que xa remataron os traballos de urxencia na EEI O Grupo, debido a que se estaban dando filtracións nas aulas, dificultando o labor lectivo no centro.

“En canto fumos coñecedores desta situación, encargamos un informe aos técnicos municipais para examinar esa entrada de auga”, explicou Sanmartín. Nese documento, pode comprobarse que o problema se debe a un defecto na cuberta, na que se utilizaron dous tipos de tellas cerámicas planas, que non encaixan correctamente unhas con outras, “provocando que se filtrase a auga ao interior e xerando goteiras e humidades”, detallou a edil.

A actuación consistiu na substitución desa parte da cuberta afectada, de 210 metros cadrados de superficie e cunha inversión de case 40.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *