Fletón decomisado en el buque.

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra entregoulle ao Banco de Alimentos de Vigo 65.000 quilogramos de fletán conxelado procedentes do caladoiro de Terranova e capturados polo pesqueiro Villa de Nores. O peixe foi confiscado tras a inspección realizada polo servizo de Agricultura e Pesca da Subdelegación do Goberno entre os días 29 e 31 de xaneiro.

Foi una inspección moi exhaustiva na que participou persoal da Subdelegación do Goberno e tamén inspectores do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) chegados desde Madrid.  A inspección iniciouse tras arribar o buque ao porto de Vigo cunha alerta lanzada por parte dunha observadora oceanográfica sobre a posible presenza de aleta de quenlla vinculada a mariñeiros de orixe indonesia presentes na tripulación.

Na revisión atopáronse 65 toneladas de exceso de cota de fletán. Estes feitos derivaron no levantamento dunha acta de sanción por infracción grave da Lei de Pesca Marítima.

O excedente de capturas foi repartido no Banco de Alimentos de Vigo, que conta con conxeladores industriais para poder almacenalo de maneira correcta. Nos vindeiros días repartirase a outros bancos de alimentos, comedores sociais e entidades benéficas tanto da provincia de Pontevedra como do resto de Galicia, dado que se trata dunha gran cantidade de peixe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *