A alcaldesa estivo co encargado da instalación e co responsable de mantemento analizando as inversións realizadas e as que están próximas a executar. Ademais do aire acondicionado, solicitouse unha subvención para renovar a deshumectadora
A alcaldesa, María Ramallo, acudiu esta semana á piscina municipal de Marín para revisar xunto co persoal encargado e de mantemento as inversións realizadas e aquelas que están a piques de executarse e coas que se vai tratando de dar resposta e solución ás problemáticas existentes.
Por unha banda, a rexedora visitou a sala fi tness onde en cuestión de poucas semanas instalarase un sistema de aire acondicionado que permitirá resolver os problemas de temperatura que se producen nesta estancia. A colocación desta maquinaria supón unha inversión de case 65.000 euros, que se farán con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
Dentro deste plan provincial tamén se fi nanciaron as novas máquinas adquiridas para mellorar a actual dotación da sala fi tness e ir renovando as antigas que van quedando obsoletas ou se foron estropeando co paso do tempo.
“A seguinte fi nanciación que pedimos e esperamos poder ter resolta canto antes é para renovar a deshumectadora”, explicou a rexedora, “unha maquinaria esencial para controlar os niveles de humidade na piscina e manter desta forma a calidade do aire en perfectas condicións”. Trátase dunha máquina de case
100.000 euros, “unha importante inversión, pero que consideramos prioritaria nestes momentos”.
A isto, é preciso sumar outra importante renovación, que será o acumulador de ACS, é dicir, o depósito que se conecta aos equipos de aerotermia e que regular a auga quente. Suporá unha inversión de 15.000 euros, que tamén tratarán de encaixarse nos fondos provincial do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
Ramallo tamén puido comprobar os bos resultados que deron as obras de efi ciencia enerxética, realizadas hai un ano tamén con fondos provinciais, e que permitiron impermeabilizar toda a cuberta e frear a problemática de humidades.
Finalmente, en canto a outras cuestións de mantemento, Ramallo explicou que xa está encargada a reparación dunha das planchas do teito do vestiario feminino, que se mantivo sen pechar porque antes tiña que resolverse unha fuga no exterior e que agora xa está tamén resolta.
“Queremos seguir investindo na piscina municipal, animando á xente a que veña a nadar e tamén a outras actividades, pero somos conscientes de que é unha infraestrutura que require moitísima inversión, moitísimo mantemento e na que é difícil resolver todo de golpe”, indicou Ramallo.