A alcaldesa de Cangas (centro) coas técnicas da Casa da Xuventude na presentación das actividades.

Baixo o lema `Que o inverno non te pare´, a concellería de Xuventude do Concello de Cangas que dirixe a alcaldesa, Victoria Portas, oferta diferentes actividades de tempo libre para a mocidade. O prazo de inscripción nelas rematará o próximo 1 de marzo.

Do 18 ó 20 de marzo de 2022 50 persoas de 18 anos, os menores terán que ir acompañados, poderán disfrtar dun fin de semana branco na estación de tren de Leitariegos (León). Serán 3 dias e 2 noites en réxime de pensión completa por 190 euros e inclue material de esquí, forfait 2 días, curso de esquí de 4 horas, monitor acompañante 24 horas e autobús ida e volta. Unha iniciativa diferente para a mitade do mes de marzo.

Outra das opcións do 23 ao 30 de abril son 2 rutas de kaiak e animación pola ría de Aldán con diferentes actividades nas praias. En total poderán ser 25 participantes por cada ruta a partir dos 12 anos cun coste de 25 euros por persoa.

Do 7 ao 14 de maio chegarán as 2 rutas de orientación na zona de Cabo Home. Haberá probas especiais nas balizas e incuie escalada e unha das rutas en bicicleta. Neste caso as condicións para los 25 participantes serán as mesmas, idade a partir de 12 anos, menores acompañados e 25 euros de custe.

Por último, curso de monitores de tempo libre con formación presencial con 105 horas e formación online 95 horas do 04 de marzo ao 24 de abril de 2022 e por un prezo de 270 euros.

Terán prioridade para solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as rapazas e rapaces empadroados en Cangas (comprobarase de oficio). As solicitudes de inscrición xunto coa documentación correspondente enviaranse por correo electrónico a xuventude@cangas.gal ou de forma presencial na Casa da Xuventude co teléfono 986392171.

O Concello de Cangas convocaba o curso de monitores cada ano pero a pandemia freouno en seco hai dous anos. Os roteiros, pola contra, cara a anos que non se convocaban e agora desde a concellería quixeron recuperalas para ofrecer opcións aos mozos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *