Unha veintena de persoas ás portas da residencia DomusVi de Cangas.

A asociación galega de familiares e usuarios de residencias Vellez Digna
denuncia ante a consellería de Política Social a situación que, segundo eles, vívese na residencia Domusvi de Aldán neste momento.»Nin se sabe cantos positivos hai,
xa que a residencia e a Xunta, so fan probas aos residentes que presentan síntomas, para asi, ocultar as altas cifras reais do contaxio co cal os contaxiados que son asintomáticos non se detectan e seguen compartindo espazos cos residentes negativos», manifestan.

O persoal, din, tampouco traballa separadamente uns cos positivos e outros con negativos é imposible xa que non se sabe quen é positivo e quen non, nesta situación o Covid circula libremente pola residencia, por sorte as vacinas fan o seu efecto, pero si da actuación da Xunta e de DomusVi dependerá, estaríamos repetindo exactamente a mesma traxedia da primeira onda.

Pregúntanse porque «por un lado se promove o contaxio masivo de residentes, e por outro seguen limitadísimas as visitas de familiares, alegando risco de contaxio».

Para colmo, engaden, «como as condicions laboráis de DomusVi son tan indignas e abusivas que ninguen quere traballar para eles, agora a Xunta permite a esta empresa a contratación de persoal sin titulacion, nin experiencia, como figura no anuncio de emprego para a residencia DomusVi de Lalin e que será así en todas a partir de agora, este é o novo modelo que promove a conselleira de Politica Social».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *