O Grupo de Emergencias Supramunicipal de Cangas (GES), Protección Civil, recibe de la Xunta un equipo de excarceración valorado en 44.500 euros. Constan dunha ferramenta combinada electro-hidráulica, portátil e autónoma que permite realizar multitude de operacións a temperaturas que van desde os -20º aos 55ºC; unha cizalla de coitelas curvas válida para todo tipo de piares e de proteccións laterais de vehículos, así como para cortar materiais de alta resistencia; e dun cilindro de rescate de dous pistóns. Contan tamén con seis baterías de ión-litio de alta capacidade, tres cargadores, tres cables de alimentación e unha serra de rescate para vidro laminado, metal e madeira.
O material forma parte do reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES e que suma un investimento global superior aos 2 millóns de euros. Neste marco de acción, recentemente entregáronse seis furgóns de servizos varios e cinco camións autobomba.
A Xunta aposta así por dotar os servizos de emerxencias dos concellos cos recursos precisos para o desenvolvemento do seu labor a prol da prevención e da protección da cidadanía e do patrimonio. Segundo apuntou Diego Calvo, o obxectivo é garantir as mellores condicións de seguridade e a maior eficacia na atención das incidencias e nos seus tempos de resposta.
Apoio aos servizos de emerxencias locais
Nesta liña, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, referiuse a que, pese a tratarse dunha competencia local -dos municipios de
máis de 10.000 habitantes e das deputacións nos de menor poboación- o Goberno galego
colabora no equipamento dos seus GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil
(AVPC) con máis de 24M€nos últimos anos.
No caso das AVPC estase a entregar tamén material da orde de equipamento do ano pasado, que conta cunha dotación de 1M€ para coitelas quitaneves, remolques, tendas de campaña para a atención ás emerxencias, vehículos todoterreo, esparexedores de sal, embarcacións pneumáticas e desfibriladores externos.