O pontecial turístico de Marín aínda moito por desenvolver. Nos próximos anos, será posible facelo a través dos proxectos incluidos dentro do plan de sostibilidade turística, dotado con dous millóns de euros procedentes dos Fondos Europeos-NextGeneration.
Un deles é o correspondente á posta en valor do Lago Castiñeiras, unha xoia do noso patrimonio natural. A alcaldesa, María Ramallo, avanzou algúns detalles do mesmo. A actuación centrarase sobretodo na reordenación do acceso e o espazo colindante ao propio lago, que actualmente está moi ocupado por vehículos e non axuda a desfrutar deste enclave. Para iso, actuarase en distintas zonas, tendo en conta a mellora da accesibilidade e a creación de itinerarios seguros para os peóns. Unha desas zonas será a de diante do lago, onde se crearán dúas zonas separadas por un murete de pedra no que as persoas poderán sentarse a descansar e que serve como protección fronte ao tráfico. Á súa vez, o pavimento da zona peonil diferenciarase da estrada e dará continuidade aos sendeiros.
Tamén se mellorará o pavimento do paseo que hai diante do lago e instalaranse bancos na zona central. Toda a subida entre o lago e o aparcamento conveterase nun agradable sendeiro, con espazo separado para peóns e tráfico rodado.
Crearase unha zona de aparcadoiro específica e aproveitando a pendente natural do terreo habilitarase unha especie de auditorio ao aire libre con graderío de pedra.
Nunha zona moi próxima ao lago habilitarase unha estancia na que se colocarán mesas e bancos.