Victoria Portas, portavoz de AV no Concello de Cangas.

«O actual Concelleiro de Urbanismo e Medio ambiente, Antón Iglesias, declara nos medios de comunicación que o Goberno Municipal ten paralizados os trámites para conseguir os terreos da rúa por culpa de que AV dí nunha reunión que agora queren que se compren os terreos. Pois Alternativa nin asistiu nin ten coñecemento de que se convocara unha reunion para tartar sobre o ámbito da Rúa para unha Infraestructura Sanitaria, e aclarar que AV nunca mudou o seu posicionamento con respecto a consecución dos terreo da Rúa, o que nos leva a pensar que realiza ditas declaracións para xustificar a súa total parálise e incapacidade de xestionar dito tema», critican dende Alternativa dos Veciños, o partido que encabeza a exalcaldesa Victoria Portas.

De todos é sabido, manifestan, que no mes de abril do 2023, cando Portas tiña a alcaldía «levouse a Pleno unha proposta de modificación puntual das normas no ámbito da Rua donde a empresa Angecabe cedía 11.000 m2 ao Concello para poder levar a cabo dita infraestructura sanitaria, sendo o BNG un dos que votou en contra tal e como se pode demostrar coa acta do pleno». Por todo elo,, din, «é del todo sorprendente que agora veñan defendendo o contrario e atribuindo a Alternativa o que eles declararon en dito Pleno».

Piden unha reunión urxente

«É tal a utilización política do Goberno con este tema, que si presumen de fotos nas concentracións da sanidade pero falta a primeira vez en todo o mandato que se nos convoque para unha reunión para tratar sobre o tema, incluso escondéndonos que o pasado día 16 de novembro a empresa Angecabe, novamente rrenovou por rexistro de entrada do concello, o seu compromise de cesión dos 11.000 m2 necesarios, e que a día de hoxe o Concelleiro non nos convocou para falar do tema nin tan siquera nos informou da existencia de dita documentación, ocultándoa a propósito mentras se fai política demagóxica asistindo as concentracións», reclaman acusando ao concelleiro Iglesias de que «si non se avanza co chan para a Infraestructura Sanitaria é pola total deixadez do edil responsable da área e as súas mentiras respecto a dito tema». Es por este motivo, engaden, polo que demandans que se convoque unha xunta de portavoces «para poder coñecer os documentos presentados, os informes dos técnicos e a presenza dos técnicos responsables para coñecer a viabilidade ou no de dita proposta».

«E novamente desexamos deixar claro , que si alguén promoveu a xestión da consecución dos 11.000 m2 para a infraestructura Sanitaria e sin custo para a veciñanza de Cangas foi Alternativa . AV sempre defenderá unha Infraestructura Sanitaria accesible e baixo as demandas que sempre se fixeron chegar desde a Veciñanza», concluen.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *