A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, estivo esta tarde revisando os traballos pactados coas asociacións ambientais e co responsable de Costas, que deu o seu permiso
A alcaldesa Victoria Portas está a ter unha semana frenética, como consecuencia da desfeita ocasionados polos exconcelleiros do PSdeG nas dunas da praia de Rodeira, unhas desfeitas que provocaron o seu cesamento inmediato por parte da alcaldesa.
Tras este dano, púxose a traballar de inmediato para dar unha solución rápida e nada sinxela e que a obrigou en primeiro lugar a entrevistarse co responsable de Costas nas súas oficinas de Pontevedra, para conxuntamente liquidar está situación, ese mesmo día citouse coas Asociacións Ambientais do municipio para desculparse e acordar con eles as medidas que se ían a realizar nesta contorna.
Na reunión con estas asociacións ambientais, propúxose o peche do perímetro da zona danada para que o público asistente á praia non a usase como zona de baño, e tentar que o propio areal recuperará a flora perdida, unha idea que as asociacións trasladáronlle ao señor Enrique Fernández responsable de Costas, que lle encomendou o Concello levala acabo, para o cal o organismo tiña que conceder os permisos necesarios.
O documento, que permite esta actuación por parte de Costas, chegou na tarde
de onte, (Portas aproveita para agradecer a Enrique Fernández a súa présa
nesta actuación) e esta mañá a empresa comezou cos traballos de peche do perímetro das dunas con postes ornamentais de madeira preparada para a intemperie e corda ornamental pechando todo o perímetro, para que visualmente sexa o menos daniño aos visitantes nesta época estival. Isto, complementarase con carteleira disuasoria e espérase que na semana que vén estea totalmente terminado, para que nos próximos anos rexenérese totalmente como se acordou co Xefe de Costas en Pontevedra.
Victoria Portas quere trasladar ás Asociacións Ambientais que se están cumprindo as súas esixencias como lle foron trasladadas a ela mesma e ao responsable de Costas, e agradécelles a súa predisposición para axudar en todo momento, e se ven que algo non se está facendo correctamente poden informar á Alcaldesa directamente, por este motivo a rexidora esta tarde estivo revisando o comezo dos traballos e espera e desexa que en breve rexenérese este
espazo natural.