Rodeira e unha das praias accesibles.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, traballa desde o ano 2020 nun proxecto de accesibilidade universal en colaboración con asociacións do concello e outras entidades para conseguir dita accesibilidade. «É prioritario traballar na idea de incorporar a posibilidade de unha plena accesibilidade de todas as persoas con mobilidade reducida e cognitiva aos areais, asegurar a provisión e a disposición dun sistema que garante a actividade de baño do mar a todas as persoas», din a rexidora.

Este traballo estase a estender a totalidade de 6 areais do Concello, e que neste
2021, 3 dos mesmos conseguiron a accesibilidade Universal. Pretendese
achegar a información real e actual do grao de adaptación das infraestruturas
das praias canguesas durante a tempada estival, para que se poida consultar polos usuarios, e sendo coñecedores de que tipos de servizos poden atopar en cada areal.

Para lograr o recoñecemento de Accesibilidade Universal tendeuse que dotar de certas infraestruturas e servizos fundamentais como son; contar con aparcamentos reservados para condutores con discapacidade, ramplas e pasarelas de acceso ata a beira mar, duchas e aseos adaptados, fontes adaptadas, cadeiras anfibias e por suposto o poder contar con persoal de axuda para o momento de meterse no mar.

Neste 2021 os areais que contan coa accesibilidade universal son Rodeira, Nerga e Areabrava e que estarán sinalizados coa seguinte información. E os que contan con accesibilidade (cadeira anfibia, socorristas e ramplas) Liméns, Areamilla, Menduiña.

Portas é coñecedora de que Cangas conta cos areais máis fermosos da provincia, gustaríalle que fosen accesibles na súa totalidade, pero tamén é certo que moitos destes areais, teñen unha orografía con moi difícil acceso, pero Vitoria Portas continuará traballando para incrementar este número para o próximo verán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *