A zona acordoada polas gretas.

Por mor das obras nun solar lindeiro, abríronse gretas na fachada polo que se tivo a acordoar a zona para evitar incidentes graves

Ao redor das 15:00 horas a Policía Local de Moaña trasladábase ata a rúa Concepción Arenal de Moaña, á altura do número 206, tras aparecer unhas gretas nos edificios anexos a unha obra que estanse a realizar nun solar da zona. Así, procederon a desaloxar aos veciños, a pechar os establecementos situados nos baixos e a acordoar este tramo de beirarrúa para evitar que posibles caídas poidan provocar incidentes graves.

No lugar atópase a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, supervisando o operativo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *