Dende as Asociacións Veciñais de: A Malladoura de Herbello, Daravelo de
Darbo, NÓS de San Pedro e Cimadevila e San Blas de a Magdalena, solicitanlle á Deputación de Pontevedra unha reunión para coñecer cómo se atopa neste momento a actuación de mellora da estrada EP-1002 entre Herbello e A Magdalena, unha das máis vellas reivindicacións desta catro asociacións. A súa intención e dotala dunha beirarrúa regulamentaria e que se urbanicen os seus enlaces para «intentar entre todos darlle un pulo a esta infraestrutura tan necesaria», explican.
«Son moitos os anos que levamos demandando a execución desta infraestrutura polo risco para a seguridade dos cidadáns, e non desexamos que por abandono ou omisión, teñamos que lamentar un accidente con vítimas mortais», lembran, polo que «unha vez mais solicitamos a Deputación de Pontevedra e ao Concello de Cangas, que se realicen todas as xestións necesarias para conquerir esta obra tan necesaria para a seguridade viaria das nosas veciñanzas».