Victoria Portas no despacho de Alcaldía.

A Alcaldesa di que «e vergoñoso que un ex-alcalde sexa capaz de dicir que para querer a Cangas e saber gobernala hai que nacer na vila» e tira de refraneiro popular ao dicirlle ao señor Sotelo “un é de onde pace non de onde nace”

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, «comproba o nerviosismo do señor Sotelo e de todo o grupo popular, tras os últimos comentarios vertidos na prensa, polo cal a tachan de mala gobernante e insinúan que é un monicreque de Mariano Abalo».

«O único que pode achacar Sotelo á alcaldesa é o non nacer en Cangas, que
para o PP parece suficiente para ter que dimitir”, dí Portas, e engade que para isto a alcaldesa tira de refraneiro popular e espétalles “un é de onde pace e non de
onde nace” e ademais lémbralle ao señor Sotelo que hoxe en día temos grandes
gobernantes de todos os partidos que gañan con maiorías folgadas e non naceron nos concellos que gobernan e pon algúns exemplos; como o alcalde de
Pontevedra que naceu en Sanxenxo, ou o famoso alcalde de Vigo que naceu en
Ponteareas, ou mesmo o ex-alcalde do PP de Salvaterra, o señor Arturo Grandal, que mesmo vivía noutro país, ao cruzar a fronteira para residir en Portugal mentres gobernaba Salvaterra, segundo certas informacións», relata.

Con respecto a todas as «neglixencias» que Sotelo achaca á rexedora, “nada novo encima da mesa, pódese dicir, máis do mesmo” a desvergoña do PP chega ata o punto de pedir un pleno extraordinario, que como ben din eles mesmos, non vai servir para nada, máis que unha mostra cara á galería para dicir que fan oposición, que é o único que lles queda neste concello “facer oposición”, que é o lugar onde os cangueses e canguesas puxéronos cos seus votos fai xa máis de 6 anos, porque para gobernar está claro que non serven.

Con respecto ao de cobrar o “sueldito” como di Sotelo a alcaldesa só pode dicir que para ela o “sueldito” parécelle bastante digno nos tempos que corren, aínda que claro comparado aos ingresos que está afeito Sotelo seguro que si é un “sueldito”, pero a rexedora quere tranquilizar a Sotelo e que non se preocupe
que ela co seu traballo diario demostrará a todos os veciños e veciñas que é merecedora dese “sueldito” que algúns grupos políticos querían rebaixarllo por ser muller ou ben por non ser profesora, xa que polo visto se fose profesora no canto de avogada xa non habería problema, que mágoa que a alcaldesa pensase que o seu antecesor cobraba por ser alcalde de Cangas, e que inxenua ela ao pensar que unha muller estaría nas mesmas condicións unha vez chegada á alcaldía.

A alcaldesa pecha o comunicado tranquilizando ao grupo do PP e anímalles a seguir facendo oposición, pero que non se preocupen por esa soidade que senten,
(algo que é normal, pola súa forma de pensar e de actuar) e que se unan ao traballo diario do consistorio, xa que como ben di Sotelo, hai moitas cousas que facer e corrixir e que está alcaldesa está disposta a realizalo en tempo récord, como fixo co peche de Rodeira, para non incrementar os problemas creados e da cal non se di nada, é máis, en breve vai propoñer actuacións onde se poñerá a proba o compromiso de toda a corporación co concello de Cangas e moi especialmente ao PP que tamén terá que pronunciarse, e a alcaldesa espera que estean á altura das circunstancias, algo que dubida mentres siga o señor Sotelo dirixindo o partido, a alcaldesa cre que talvez debería de dimitir o señor Sotelo e deixar paso a outra xeración, segundo a alcaldesa “ao señor Sotelo véselle algo canso, debería pensar en irse e deixar paso a novas xeracións, que en realidade teñan un compromiso real coa vila”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *