A estrada sen espazo para os peatóns.

Dende as Asociacións Veciñais de: A Malladoura de Herbello, Daravelo de
Darbo,  NÓS de San Pedro e Cimadevila e San Blas de a Magdalena, solicitanlle á Deputación de Pontevedra unha reunión para coñecer cómo se atopa neste momento a actuación de mellora da estrada EP-1002 entre Herbello e A Magdalena, unha das máis vellas reivindicacións desta catro asociacións. A súa intención e dotala dunha beirarrúa regulamentaria e que se urbanicen os seus enlaces para «intentar entre todos darlle un pulo a esta infraestrutura tan necesaria», explican.

«Son moitos os anos que levamos demandando a execución desta infraestrutura polo risco para a seguridade dos cidadáns, e non desexamos que por abandono ou omisión, teñamos que lamentar un accidente con vítimas mortais», lembran, polo que «unha vez mais solicitamos a Deputación de Pontevedra e ao Concello de Cangas, que se realicen todas  as xestións necesarias para conquerir esta obra tan necesaria para a seguridade viaria das nosas veciñanzas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *