As avoas, un colectivo seleccionado.

Dende Alcaldía de Cangas e a Concellería de Servizos Sociais, Igualdade,
Feminismo e Sanidade que dirixe Victoria Portas, e co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, pon en marcha un proxecto a desenvolver co alumnado dos centros educativos de Cangas que ten
como finalidade a sensibilización e a concienciación sobre o papel das mulleres
dirixida a promover cambio de valores no ámbito educativo e na sociedade.

A proposta foi dirixida aos centros educativos no mes de marzo na que
se propuxo que o alumnado traballara sobre unha ou dúas mulleres, ou sobre
colectivos de Mulleres que naceran en Cangas ou que desenvolveran o seu
traballo en Cangas. Cada Centro tiña que escoller sobre que Mulleres do
pasado histórico de Cangas ou Mulleres contemporáneas ían a realizar o seu traballo de divulgación. A finalidade é que cada centro dera a coñecer e investigara sobre Mulleres que tiveran algún tipo de relación co seu Centro ou do lugar onde está situado o centro para ampliar as nosas referentes.

Co traballo realizado cos Centros Educativos que participaron no proxecto: Ceip Espiñeira, Ceip A Rúa, Colexio Compañía de María, Ies Montecarrasco realizáronse lonas para expoñer na rúa os seus traballos ao resto da veciñanza ao igual que se realizaron marca páxinas para distribuír nas bibliotecas.

As Mulleres seleccionadas foron: Dolores Blanco, Fina Acuña, Belén Guimeráns, Ana María Soto Landeira, Carmiña Pérez Alonso, e o colectivo das avoas como recoñecemento aos coidados.

Agora, os obxetivos son difundir as biografías de Mulleres de Cangas, animar ao alumnado a producir un traballo de investigación e divulgación de Mulleres referentes, estimular a cooperación entre o alumnado, favorecer o traballo en rede e traballar na coeducación como vía preventiva contra a violencia de
xénero.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *