Veciños coa deputada e a tenente de alcaldesa esta mañá no Viso.

Tamén reclámanlles a reparación do pavillón do IES de Rodeira e de dedique un millón de euros á construcción da circunvalación

A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia Gallego, mantivo hoxe un encontro coa tenente de alcalde de Cangas, Iria Malvido, para presentar as emendas aos orzamentos da Xunta para a localidade. Os socialistas reclámanlle á Xunta que inclúa o novo  Centro de Saúde de Aldán – O Hío nas contas de 2024 cun orzamento inicial de 600.000 euros para elaborar o proxecto.

A responsable socialista e a tenente de alcalde visitaron os terreos cedidos hai 11 anos polo Concello á Xunta para a construción dun Centro de Saúde no lugar do Viso, que o goberno galego ten “metido nun caixón” dende hai máis dunha década. Gallego e Malvido estiveron acompañadas nesta visita de representantes da asociación A Voz da Sanidade, así como das asociacións de veciños de Igresario O Hío, Pinténs, Liméns, Viñó e outras.

Explicou que o PSdeG reclámalle á Xunta que faga unha partida inicial para a elaboración do proxecto deste Centro de Saúde, e reclama a reapertura do Consultorio de O Hío, pechado dende marzo de 2020, a lo menos mentres duren as obras.

Circunvalación de Cangas

Tamén presentou unha emenda de un millón de euros para a construción da circunvalación de Cangas, unha obra fundamental para garantir a circulación dos vehículos dunha zona densamente poboada e que no verán multiplica o número de habitantes. Os socialistas galegos solicitan ademais 100.000 euros para que a Xunta repare os vestiarios e as luminarias do polideportivo do IES de Rodeira -Cangas-, que é utilizado por 1.100 alumnos e no que traballan 102 persoas, ademais dos veciños e veciñas da localidade, que o empregan polas tardes e durante as fins de semana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *