A narcolancha cos tres motores de gran potencia.

A embarcación levaba no seu interior 8.000 litros de combustible en 160 garrafas, inhibidores de frecuencia, dispositivos de comunicación vía satélite, alimentos e 7.000 euros en metálico

Os dous detidos a pasada fin de semana no peirao de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, teñen antecedentes por narcotráfico, segundo informa a Garda Civil. Un dos acusados dun delito de contrabando é veciño de Torrelavega, de 47 anos e outro de Vilagarcía, de 48 anos.

Dispositivo de comunicación vía satélite.

Tamén relata a Benemérita que no interior da embarcación había ao redor de 8.000 litros de combustible distribuídos en 160 garrafas e nos depósitos da mesma, ademais de contar con inhibidores de frecuencia, dispositivos de comunicación vía satélite, 7.000 euros en metálico e aprovisionamento de alimentos para unha longa travesía, con toda probabilidade relacionada co tráfico de drogas. A embarcación tería unha capacidade de ata 2.500 kg de carga.

A Garda Civil foi alertada polos veciños ante o ruído que fixeron os detidos co camión para tratar de botar a planadora. Unha vez os axentes no lugar e de tidas estas dúas persoas fíxose cargo da investigación o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga ( EDOA) da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *