A Garda Civil no porto de San Adrián no mes de febreiro.

A Garda Civil detivo esta madrugada a dúas persoas no porto de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, segundo informa a Benemérita, que está investigando . Segundo fontes non oficiais, ocorreu minutos antes das tres da madrugada cando os veciños escoitaron ruídos e comprobaron que proviñan dun tráiler que trataba de descargar algo. Nun principio pensaron que eran os bateeiros quen estaba traballando no lugar pero a súa sorpresa chegou cando viron os motores de gran potencia da planadora que trataban de baixar do camión cargada de gasolina e de víveres. A intención, din as persoas que os viron, das dúas persoas que manobraban co vehículo era conseguir que os dous motores tocasen a auga pero tras varios intentos non o conseguiron. Testemuñas alertaron entón á Garda Civil que rapidamente compareceu no lugar, onde aínda permanecen os axentes.

As mesmas fontes aseguran que os dous detidos non son veciños de Vilaboa.

Investigase se esta planadora ten que ver coa incendiada fai unhas semanas no estaleiro da Xunqueira, en Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *