Comparsa Os da Caña nun entroido.

A alcaldesa, María Ramallo, estará o venres acompañada da Asociación Os Da Caña no acendido das luces de Nadal.

Esta é unha forma que ten o Concello de agradecerlle a esta entidade a súa implicación nestas datas, nas que se encargan de facer a recreación do Belén Vivinte e pola súa sempre colaboración en moitas das festas e datas sinaladas a nivel municipal, como pode ser o Entroido ou o Samaín.

Eles, por tanto, serán os encargados de darlle ao botón máxico que acenda o Nadal da vila, este venres ás 18.30h na Alameda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *