Para que o sector da hostelería non sufra cos peches, dende a Xunta apostouse por un control de acceso aos clientes

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acaba de anunciar que o municipio de Marín pasa de nivel medio de restricións ao alto polo seu incremento dos contarios nos últimos días. Neste momento hai contabilizados 154 casos activos, 13 máis respecto ao día de onte. Tamén entran neste mesmo nivel as cidades de Vigo e Pontevedra.

Pola súa banda, as localidades de Moaña (71 casos) e Bueu (58 casos) ascenden a nivel medio-baixo polo mesmo motivo, unha subida dos casos. Cangas (48 casos) e Vilaboa (7 casos), polo momento, quédanse no baixo.

Aforos en hostelería

Con todo, este cambio na escalada de restricións non traerá consigo un peche da hostalería naqueles municipios baixo restricións máximas ou altas xa que a Xunta cambiou o sistema para, segundo explica Feijóo, «garantir unha restauración segura» e permitir que continúen traballando. Así, naqueles concellos como o de Marín que se atopen en nivel alto ou máximo establécese un control de acceso que consistirá en contar co certificado de vacinación completo, ter unha proba negativa de Covid-19 nas últimas horas ou pasar a infección. Os menores de 12 anos quedarán exentos de presentar esta documentación.

«Son datos malos» e «preocupantes», insistiu o presidente, e por ese motivo, baseándose na opinión do Comité Clínico que asesora á Xunta durante a pandemia, tamén anunciou unha limitación nas reunións tanto en interior como en exterior de non conviventes. Tamén polas noites hai novas restricións para evitar concentracións multitudinarias como a que tivo lugar esta fin de semana en Moaña con miles de mozos facendo botellón.

No lecer nocturno, tamén hai cambios. En municipios como Marín, que entrará en nivel alto, e tamén naqueles co máximo, estará pechado.

As novas restriccións entrarán en vigor o sábado ás 00:00 horas ou, o que é o mesmo, na media noite do venres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *