O portavoz do PP de Vilaboa, Alberto Acuña.

Aseguran que o Goberno municipal levantou 53 reparos o en 2022, que ascenden a 2.934.072,10 euros

Partido Popular de vilaboa fixo públicos os datos esenciais do informe anual do departamento de intervención do Concello, que dá conta dos reparos realizados durante 2022 por este servizo e levantados posteriormente polo goberno local ou Alcalde. Un total de 53, dos que a inmensa maioría, 52, foron levantados mediante decreto da Alcaldía. O importe total de todos estes reparos de Intervención asciende a 2.934.072,10 euros.

O voceiro do PP e candidato á alcaldía, Alberto Acuña, lamentou a utilización masiva por parte do goberno local desta práctica de levantamento de reparos, que debería ser «excepcional ainda que a realidade e que para o alcalde é o habitual cada semana». «Levantaron 52 reparos nun ano», o que segundo Acuña, denota «unha forma de xestionar que non atende a un mínimo de previsión ou respecto aos requisitos legais» e «denota «unha gran irresponsabilidade por parte do equipo de goberno».

«Levantar os reparos do interventor fala dun equipo de goberno que fai o que lle dá a gana contra a opinión dos funcionarios e contra o sentido común», critica o líder do PP local e insiste en que «con frecuencia os técnicos informan de que esta práctica ten que parar pero este goberno parece que cada vez vai a peor».

Os reparos levantados inclúen advertencias dos técnicos por facturas polos mesmos conceptos que superarían os importes fixados na Lei de Contratos do Sector Público e poderían incurrir nun fraccionamento irregular de contratos.

Polo tanto, expoñen desde o PP, «os veciños teñen que decidir en maio entre dúas opcións: un concello xestionando os cartos públicos de xeito irregular, ou un proxecto, que priorice o gasto e que xestione de xeito regular e legal os cartos dos veciños , despois de duas décadas».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *