As festas patronais de Cantodarea regresan tras o parón da pandemia envoltas en polémica. Non haberá procesión de San José por decisión do sacerdote, Don Ricardo. Unha determinación que non gustou nada á comisión de festas e ao seu presidente, Morgan Pérez. O párroco asegura que a saída procesional non se realizará «mentres haxa risco de coller o bicho» e neste momento «a pandemia está a subir». Para a comisión, unha escusa que non gustou nada ao barrio e aos fregueses. É máis, advirte de que esta negativa supoñerá un «ballón» para o cura e unha «perda de fregueses» que non están de acordo.
Pola súa banda, Don Ricardo apunta directamente á comisión como os responsables deste malestar e . «Teñen a teima os que non son da igrexa de montar lea», acusa, e aclara que «a comisión de festas non é da parroquia, que deixen á parroquia e ao seu consello pastoral organizar as cousas». É máis, o sacerdote considera que esta revolución mediática na súa contra por parte dos organizadores dos festexos é «porque lles está saíndo mal todo o que organiza e teñen que buscar responsables». Asegura que está apoiado por todas aquelas persoas que acoden á novena e lembra que «o fundamental é a misa, que a procesión é unha extensión da pastoral». Pide Don Ricardo que «non prexudiquen á xente». «Pódesche crer que veñan tres ou catro persoas a dicirme que santo teño que sacar, alugar a banda, se que se eu non podo que buscan un cura.. ata onde imos chegar», reprende o párroco.
Ante a decisión do sacerdote, a organización viuse obrigada a anular a actuación da banda da Brilat, que acudía á procesión @gratuitamente.
Doutra banda, o conflito que inicialmente se produciu co Concello de Pontevedra pola ocupación da parte da praza de Estribela que pertence a este consistorio xa parece liquidarse. O goberno pontevedrés accede a dar a autorización unha vez reciba a documentación requirida con todos os permisos en regra. Segundo o presidente da comisión este trámite xa se realizou por parte do Concello de Marín.
As festas terán lugar esta fin de semana e ha instaláronse parte das atraccións que animarán a asistencia dos máis pequenos.