A concelleira Coral Ríos e o edil Kevin González, na presentación das actividades do Nadal.

O vindeiro sábado, 23 de decembro, Moaña terá o Espazo de Nadal do Concello no alto da praza de abastos. Haberá recepción de Papá Noel e multitude de actividades para a rapazada coa asociación Trebellos. Será de 17:00 a 20:00 horas.

O día 27, tamén no Espazo de Nadal, de 17:00 a 21:00 horas, está previsto o obradoiro de Nadal e as 18:00 horas a visita do Apalpador coa actuación de «Pulpiño de Viascón».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *