El presidente Luis López y la alcaldesa Leticia Santos.

A alcaldesa asinou hoxe o convenio coa Deputación, que achega 690.000 euros de fondos PON2030 dos 920.000 que custa o proxecto

Cambiar a fisionomía do litoral moañés no tramo de Concepción Arenal para conectar o paseo da Xunqueira coa alameda é unha materia pendente que se vai a aprobar polos pelos, porque o proxecto do Concello non inclúe unha das partes importantes para os cidadáns, a construcción do tramo do paseo de Seara. O convenio que asinou hoxe a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, co presidente da Deputación, Luis López, achega 690.000 euros da administración autonómica para financiar nun 75 por cento o custo da recuperación exclusivamente das carpinterías de ribeira de Casqueiro e Carlagho e deixa atrás o carreiro peonil do que gozaría todo o pobo e tamén os visitantes. O 25 por cento restante, 230.000 euros, pagaríanse con fondos municipais ou con outras axudas que o goberno local poda conseguir. Trátase dun proxecto presentado polo anterior executivo tamén dirixido por Santos durante o mandato do bipartito BNG-PSdeG e Carmela Silva coma presidenta na administración provincial e que hoxe asinouse co PP.

Trátase, explican desde la Diputación, «dunha nova mostra de cooperación entre administracións para, neste caso, a posta en valor e recuperación do patrimonio etnográfico do Concello de Moaña».

O proxecto, valorado en preto de 920.000 euros, céntrase na rehabilitación integral das carpinterías de
ribeira e a súa integración na contorna da praza e o paseo que bordea a praia da Xunqueira. A intervención inclúe o retranqueo das fachadas das carpinterías de ribeira para permitir a servidume de tránsito, a posta en valor das ramplas-varadoiro, a reconstrución da carpintería de ribeira de Casqueiro, volvendo recuperar a súa estrutura de madeira; e a conservación e mellora da fachada e estrutura da carpintería de ribeira de Carlagho. O obxectivo deste proxecto baséase na recuperación destas dous estaleiros tradicionais que viviron o seu auxe a comezos do século XX para o seu uso cultural e museístico.

Segundo recolle o convenio, o proxecto deberá estar executado antes do 30 de abril de 2025. A sinatura deste protocolo entre Deputación e Concello de Moaña realízase coa modificación das bases do programa PON2030 xa en vigor. Unha modificación que fai compatible a achega da Deputación coas subvencións doutras administracións sen que o montante concedido ao Concello polo goberno provincial se vexa reducido.

Durante a sinatura do acordo, o presidente da Deputación insistiu na importancia da colaboración entre
institucións para executar investimentos que, neste caso, melloren o patrimonio etnográfico, recuperen e
poñan en valor a cultura mariñeira da provincia e, en definitiva, contribúan a mellorar a imaxe da fachada
marítima das Rías Baixas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *