Alcaldesa co concelleiro e Víctor Riobó na presentación da proba.

A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, presentaron xunto a Víctor Riobó, organizador da proba, a camiseta oficial. Xa van máis de 270 persoas inscritas.

O Paseo Alcalde Blanco, meta da Carreira Carmiña, serviu esta mañá para presentar oficialmente a camiseta dunha nova edición desta proba deportiva, un espectacular percorrido para os amantes do running e da natureza, de algo máis de 10k e na que xa hai 270 persoas inscritas.

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e por Víctor Riobó, organizador do evento, desvelaron hoxe o deseño da camiseta oficial da proba, ilustrada co pulpo da ría, que xa leva varios anos sendo a enseña desta carreira. Celebrarase o domingo 14 de xuño ás 10.00 horas desde a Praia de Lapamán, pasando por todo o resto de areais do noso municipio até chegar finalmente ao paseo marítimo.

O percorrido transcurrirá por toda a costa, por riba do mar, con traxectos de terra, asfalto e area de praia, de xeito calculado para facer pasar aos corredores no momento de marea baixa.

A maiores, ás 10.30 horas será a saída da Mini-Carmiña, que constará duns 5,4 km aprox e que terá saída desde o Náutico de Aguete. Ademais, haberá unha categoría de menores, que non será competitiva, e que percorrerá o Paseo Alcalde Blanco, punto de meta para as tres modalidades.

Riobó asegura que hai boas expectativas para esta edición, tendo en conta que xa hai o dobre de inscricións a estas alturas ca o ano pasado, podendo chegar ata as 450 en absoluta. “En total, nesta festa deportiva conseguimos xuntar cerca de 2.000 persoas neste paseo”, asegurou o organizador.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *