“Se hai unha responsable das facturas impagadas polas festas é a concelleira de Cultura de entón que casualmente é a mesma que agora”, din
O Partido Popular de Cangas responsabiliza directamente ao goberno de Araceli Gestido do impago acumulado de facturas a proveedores do Concello de Cangas e instan ao actual equipo de goberno de asumir as súas responsabilidades. “Son goberno porque 11 concelleiros e concelleiras así o quiseron. Son eles o responsables os únicos responsables de esta situación” afirman. “Os que gastaron sen respectar os procedementos administrativos preceptivos, os que asumiron compromisos con empresas sen ter partida orzamentaria, son os mesmos que crearon o problema e agora pretenden trasladar o problema á formación que leva oito anos na oposición” continúan.
Desde a formación recordan que nos Plenos explicaron os motivos do seu voto en contra que está avalado polo informe de intervención no que se sinala responsabilidades legais polo incumprimento da lei de contratos e que informa tamén dun preocupante descontrol do gasto como demostra os 425 reparos deste departamento municipal no 2023 “unha cifra récord” apuntan. “No mesmo informe se constata que o 95% das facturas que foron levadas a Pleno eran sen crédito, é decir, gastaron sabendo que ía haber problemas para pagar”. “Non imos a apoiar un fraude” afirman.
“Xa coñecemos de sobra as excusas por parte do tripartito como que as facturas non son súas pero obvian que esas mesmas forzas políticas foron as que elixiron de alcaldesa á sra. Portas e que as facturas das Festas do Cristo do 2022, que contaba cunha partida de 70.000 euros, ascenderon a 256.092,95 euros e son responsabilidade da concelleira de Cultura de entón que é a mesma que hai agora”. “Enganaron aos proveedores. Deberían explicar os motivos porque uns xa cobraron e outros non” engaden. “Esta situación é o resultado da improvisación e irresponsabilidade coa que se ten xestionado a área económica do Concello pola esquerda que é incapaz de alcanzar máis acordos que o impedir que goberne o Partido Popular e que manteñen a Cangas cun orzamento prorrogado desde fai 4 anos” explican.
“Deberían de poñerse a traballar dunha vez en lugar de botar balóns fóra e responsabilizar á oposición da súa propia e nefasta xestión. As empresas teñen todo o dereito a cobrar polo seu traballo e se non cobran é por que nin o goberno anterior nin o actual fixeron as cousas como debían” rematan.