O Partido Popular de Cangas presentou unha moción para ser debatida no vindeiro Pleno do 24 de novembro reclamando co goberno licite de novo o Servizo municipal de Axuda no Fogar (SAF) xa que o actual atópase en situación de prórroga. O grupo maioritario da corporación amósase especialmente crítico con esta situación xa que impón moitas incertezas tanto a traballadores como aos usuarios do servizo.

A formación sinala que son numerosas as queixas relacionadas co seu funcionamento e destacan que se trata dun dos máis importantes que presta oConcello, non só polo seu orzamento senón porque teñen como beneficiarias a persoas en situación de especial vulnerabilidade polo que reclaman que a diferencia do ocurrido no último proceso de licitación no que fixo falta sacalo a concurso tres veces ao que dar desertas as tres primeiras-, se fagan as cousas ben e con rigor.

Por outra banda, os populares destacan que no desenvolvemento deste servizo case sempre se produce un vínculo afectivo e de confianza entre coidador e usuario polo que reclaman que se manteña certa continuidade e estabilidade na prestación do servizo, sen que se produzan cambios moi frecuentes de persoal que derivan en situacións de descontento e malestar por parte dos usuarios e as súas familias.

Desde o PP reclaman que sexan escoitadas as demandas de traballadores e usuarios na elaboración dos novos pregos así como as condicións laborais e económicas que marca na actualidade o mercado. Do mesmo xeito insisten en que sexan utilizadas o 100% das horas concedidas pola Xunta de Galicia, que financia a maior parte do servizo, dado que é un servizo moi demandado e que conta con lista de agarda. “Dada a situación, máis que deixar horas sen utilizar o que hai que facer e traballar por incrementalas” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *