A formación critica que se recurran a informes da propia concesionaria para coñecer a situación actual da Rede Municipal de Saneamento e Abastecemento. “O que se precisa é un estudo independente” sinalan.

O Partido Popular de Cangas pide maior contundencia ao novo goberno municipal liderado por Araceli Gestido con respecto ao problema dos ver5dos que leva sofrindo o municipio nos últimos anos e que viviu o seu último episodio fai uns días na desembocadura do río Esteiro en Vilariño. Para os populares resulta moi chamativo ca empresa concesionaria fale de que hai un millón de euros por gastar do Plan de Investimentos estipulado no contrato mentras un día sí e outro tamén se producen vertidos de augas fecais en varios puntos do litoral municipal por problemas no funcionamento da rede. “Agora falan de renovar o bombeo de Vilariño cando a realidade é que todos os bombeos da rede se atopan nun estado lamentabe” denuncian
á vez que cuestionan os motivos polos non se fixo antes.

Dende o principal partido da corporación critican o anuncio do goberno local de recurrir a un informe da propio concesionaria para coñecer a situación actual que presenta a Rede Municipal de Saneamento e Abastecemento. “Poucas conclusión se poderán sacar dun documento elaborado por unha parte interesada no asunto” reflexionan a vez que reclaman que se solicite un informe independente que permita saber cal é a realidade e tomar medidas ao respecto. “Compre sinalar co Concello de Cangas leva anos sen solicitar a subvención autonómica para financiar este tipo de estudos” afirman, o que demostraría a falta de interese da administración local sobre este problema ata o momento.

Plan de Inversións

O PP de Cangas reclama claridade e transparencia aos actuais responsables municipais para coñecer cales dos investimentos realizados por parte da concesionaria son imputables ao Plan de Inversións e cales non. “Moito nos tememos ca empresa vais a tratar de colar obras que corresponden máis á propia reparación e mantemento da rede ca súa mellora que é para o que está ese Plan de Inversións” explican. Tamén solicitan esa mesma transparencia para coñecer baixo que criterios se van a decididr as futuras actuacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *