Cemiterio de Vilaboa.

Os populares aseguran que limitarán os dereitos dos veciños porque como máximo as concesións dos nichos serán de 75 anos

O grupo municipal do PP de Vilaboa chama a Psoe e Bng a dar marcha atrás na súa intención de aprobar definitivamente o Regulamento de Cemiterios, prevista para o vindeiro venres no pleno ordinario. O portavoz popular, Alberto Acuña, pide a ambos os grupos que non pretendan pasar por encima dos propietarios de nichos e panteóns. «De aprobarse, o regulamento limitará os dereitos dos propietarios dos nichos a uns anos e obrigará a retirar aos seres queridos», sinala o portavoz. “Este regulamento é un ataque ao dereito dos nosos veciños”, engade.

Para os populares, é unha norma innecesaria que prexudica ao conxunto dos veciños. “Non podemos consentir a súa aprobación”, explica Acuña xa que “lexislar en prexuízo dos veciños é un ataque ao seu estado de benestar”. Neste sentido hai que sinalar que os veciños “compraron” a perpetuidade parcelas para construír as súas edificacións e non son conscientes que con este regulamento limitaralle os seus dereitos.

Cabe destacar que na aprobación provisional BNG e PSOE votaron a favor á súa aprobación, mentres que os populares opuxéronse e utilizaron o seu dereito para presentar alegacións, que finalmente foron parcialmente aceptadas dada a inconstitucionalidade do texto. «Non pode aplicarse con carácter retroactivo, pois iso supoñería vulnerar o disposto no artigo 9.3 da Constitución Española, que garante o principio de legalidade, a xerarquía normativa, a publicidade das normas, a irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas de dereitos», explica o portavoz popular.

Prazo máximo das concesións

As concesións serán limitadas a 75 anos e a súa aplicación será retroactiva, naqueles casos nos que se puidese demostrar o prazo inicial do título, para os caos de título de dereito funerario en perpetuidade, que fose outorgado polo Concello con anterioridade á entrada en vigor deste novo regulamento, supón unha privación do dereito concesional inicial.

Unha concesión outorgada a data de 1950 sen termino de prazo, o seu novo termino de prazo seria a data de 2025, non podendo ser utilizados desde 2020 como establece o o Art 7 Artigo 7. de duración do dereito funerario. “Non permitirase a inhumación de cadáveres en unidades de enterramento cuxo tempo de concesión este e o últimos cinco anos de duración. No caso dous columbarios non existe límite de tempo para a introdución dunha nova urna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *