Rosa Quintana e unha concelleira do grupo municipal do PP na praza de abastos de Cangas.

Os populares aproveitaron o día de mercado para repartir material electoral xunto coa deputada nacional Rosa Quintana e o voceiro do grupo parlamentario autonómico Alberto Pazos

O Partido Popular de Cangas pechou a campaña eleitoral cunha intensa axenda na derradeira xornada para pedir o voto para as eleccións autonómicas deste domingo. Aproveitando o venres de mercado puxeron un posto informativo e a candidata local ao Parlamento Galego, Loli Hermelo, percorreu
os diferentes postos comerciais arroupada pola exconselleira do Mar e deputada nacional, Rosa Quintana, o voceiro do grupo parlamentario autonómico José Alberto Pazos e o presidente local do partido José Enrique Sotelo.

Máis tarde, ás 20:30 os populares cumpriron a tradición de pechar esta campaña eleitoral na Casa do Mar de Aldán que rexistrou un cheo absoluto polo que houbo asistentes que tiveron que seguir o mitin desde fóra. No acto contaron coa presenza do conselleiro de Sanidade e candidato por Pontevedra, Julio García Comesaña, o diputado nacional Pedro Puy, a sendadora por Pontevedra, Nidia Arévalo, e a diputada autonómica e exalcaldesa de Vigo, Corina Porro.

Os catro tiveron palabras de agarimo para José Enrique Sotelo, que xogaba en casa, enxalzando a súa figura política dentro da formación na defensa dos intereses de Cangas e da comarca do Morrazo. Por outra banda respaldaron á candidata local e concelleira, Loli Hermelo, como a mellor representación da vila no Pazo do Hórreo para que traballe para conseguir as infraestruturas e os servizos que son incapaces de xestionar por parte do goberno local. Un “modelo Cangas” que defenden desde a formación non convén exportar ao ámbito galego.

“Pido co vindeiro que me axudedes dándome a vosa confianza, conseguindo o apoio dos vosos amigos e familiares. Vos pidos que traballedes estes últimos días para min para darme a oportudindade de traballar para vós os próximos catro anos” dixo Hermelo aos presentes. “Hai moito feito, pero aínda queda moito por facer. Precisamos gañar con contundencia para que Galicia non viva a parálise e inacción que vivimos desde fai demasiados anos na nosa vila” reflexionou. Por iso chamou á veciñanza a votar masivamente este domingo en favor dunha Galicia que siga avanzando con estabilidade e sentidiño.

Pola súa parte o actual conselleiro de Sanidade en funcións, e candidato ao Parlamento Galego, Julio García Comesaña, relatou os fitos en materia sanitaria alcanzados pola comunidade nos últimos anos. Desde a menor taxa de letalidade da pandemia da Covid-19, pasando por programas de referencia
internacional, calendario vacinal pioneiro, sistemas de cribado de diferentes patoloxías como o cancro, a inversión histórica na remodelación e construcción de centros de saúde e hospitalarios, a contratación de 7.000 profesionais máis dotando ao SERGAS da maior plantilla da súa historia entre outros. “Se fóra verdade que o presidente Rueda quixera privarizar a sanidade me tería que distituir inmediatamente” ironizou, “por que a realidade e que nunca se investiu máis na sanidade pública galega como ata agora, esa é a verdade” afirmou.

Pola contra recordou co goberno local segue sen facilitar os terreos para unha nova infraestrutura sanitaria que suporía un investimento de preto de 30 millóns de euros que suporía ampliar servizos para os pacientes xa que o actual quedou pequeno e non ten posiblilidades de ampliación dada a súa ubicación”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *