Os populares nunha visita á Protectora do Morrazo.

O grupo municipal maioritario da corporación recorda que no mes de outubro a súa moción sobre este tema foi aprobada por unanimidade e que foi incumprida, “como pasa sempre”

O Partido Popular de Cangas denuncia que o tripartito non cumpriu o acordo plenario do mes de outubro relativo á Protectora de Animais do Morrazo, entidade “que realiza unha labor altruista que doutro xeito debería de exercer o Concello no marco das súas competencias e que non fai” resaltan. Sen embargo, lonxe de colaborar con esta asociación, o actual equipo de goberno continúa adeudando á entidade 3.000 euros e aínda non se fixeron as xestións para renovar o convenio que xa se atopa vencido e actualizar o seu importe
“que reflicta os costes reais que está a asumir esta entidade”.

“Ese é o valor e recoñecemento do goberno da sra. Gestido cara un colectivo que de xeito xerenoso e absoluta dedicación realizan un importantísimo traballo ao longo dos 365 días do ano recollendo e coidando a decenas de animais abandoados no noso municipio” denuncian. “Está moi ben nos Plenos utilizar moi boas palabras pero logo veñen os feitos” continúan. “E o certo é que este goberno, tres meses despois, segue sen cumprir cos seus compromisos como acontece con todo” critican.

Nesta liña, os populares recordan que a actual Lei de Benestar Animal, promovida polas mesmas formacións que compoñen o goberno local, establece unha serie de obrigas que están a ser sistematicamente incumpridas por parte dos resposables municipais. “Na moción que presentamos, e que foi aprobada por unanimidade, tamén reclamaba a posta en marcha dun Plan de Esterilización do cal tampouco sabemos nada a día de hoxe” destacan. A formación tamén destaca a situación na que se atopa o espazo cedido polo Concello á Protectora para gardar material nas Naves de Ojea, “sucio, con ratas e que se molla cando chove debido ao estado ruinoso do inmoble” relatan, “problemática que se mantén a día de hoxe” denuncian.

“Comezado o ano, e cos orzamentos prorrogados, non sabemos cal é o novo pretexto para tratar de explicar as razóns polas que non fan nada. Porque, se ben nestes meses teñen demostrado a súa incapacidade para xestionar, sí demostraron un gran talento para poñer excusas para xustificar a súa inacción” afirman. “Lamentablemente, esta situación non é unha execepción. Mocións aprobadas que quedan en papel mollado ante a incompetencia do equipo de goberno para levalos a cabo” resaltan, “polo que reclamamos ao tripartito que se deixen de enredar e se poñan a traballar dunha vez. Levan 6 meses gobernando e todo segue igual. Este colectivo e o conxunto da veciñanza o agradecerán” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *