O grupo municipal maioritario da corporación destaca que despois de actuar nestas infraestructuras deportivas, ambas continúan presentando graves deficiencias sen que o equipo de goberno tome ningunha medida

O Partido Popular de Cangas acusa ao tripartito de dispilfarrar máis de 500.000 euros en actuacións na Piscina Municipal ‘A Balea’ e o Estadio Municipal de Atletismo xa que ningunha das obras realizadas puxeron fin as numerosas deficiencias que presentan ambas instalacións deportivas desde fai anos, consecuencia da crónica falta de mantemento das mesmas por parte dos responsables municipais. “Gústanos presumir de ser unha vila olímpica pero temos un goberno que pasa olímpicamente dos nosos deportistas e as nosas entidades deportivas” denuncian.

Os populares trasladan a responsabilidade da actual situación á actual responsable de obras, “que polo visto é incapaz de facer a preceptiva vixilancia da execución das obras realizadas a pesar de cobrar da veciñanza para iso” sinalan, e na concelleira de Deportes “que despois de 6 meses no cargo, non
só non foi quen de poñer orde no estado dos recintos deportivos municipais, senón que logrou cargarse as escolas deportivas municipais e incumprir o acordo plenario do mes de setembro para convocar o Consello Municipal de Deportes” recordan.

Desde a formación sinalan que esta situación no é puntual senón que se repite en todas e cada un dos recintos deportivos de titularidade municipal, “temos outro exemplo no pavillón de Romarigo cheo de humidades”. Tamén critican que se poduzan situacións como que os vestiarios das pistas de atletismo, “cuxo teito cae a cachos e se atopan ‘fóra de servizo, entre outras cousas, “porque o concello non compra os pellets para que funcione a caldeira en pleno inverno”. Unha problemática que é agravada polo paso dos meses e a inacción do equipo de goberno liderado pola nacionalista Araceli Gestido. “Non podemos esquecer que o ano pasado foron gastados 224.000 euros en melloras deste recinto para que logo non se poda nin utilizar os vestiarios. É unha vergonza” declaran. “Polo visto din que este venres van a comprar os pellets para a caldeira. Sen tempo non era. Deberon de pagar as facturas pendentes” ironizan.

Municipalizacións fantasma

“A sra. Gestido ten que explicar á veciñanza como é posible que despois de gastar 280.000 euros nuns traballos na piscina municipal esta xa se atopo con goteiras no seu interior” insisten os populares. “Para colmo, segue prolongándose a situación irregular da empresa que desenvolve as actividades na instalación, algo denunciado de forma reiterada polo servizo de intervención desde fai anos sen que se tomara ningunha medida ao respecto” afirman. “Un exemplo paradigmático da xestión da esquerda na nosa vila. Falan de municipalizar na oposición e nas eleccións pero logo, 8 anos de goberno despois, non municipalizaron nada” destacan. “Mentras tanto, manteñen un modelo de xestión no que a empresa factura o mesmo, con ou sen usuarios, e sen ningún tipo de responsabilidade sobre o mantemento ou mellora da instalación” denuncian.

“Os nosos clubs e deportistas non merecen este maltrato. A incompetencia e inoperatividade deste equipo de goberno é manifesta en todas as áreas. Esiximos responsabilidades e que se tomen medidas urxentes para poñer fin a esta situación e, se non son capaces, que se marchen porque gobernar non só consiste en cobrar a final de mes”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *