Plantilla do Peixe.

O club marinense cre que as competicións deberían ser suspendidas con efecto inmediato

O Marín Peixe Galego acóllese a un ERTE debido a situación actual. Era un dos escenarios que se contemplaban e hoxe o club notificoulle ao plantel de xogadores e corpo técnico a súa intención de executalo.

O club tamén lle notificou á Secretaría Xeral para o Deporte e á Fegaba a súa postura ao respecto das competicións das diferentes categorías, que considera que deberían ser suspendidas con efecto inmediato, ao non existir garantías de que se poidan reanudar nas próximas semanas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *