Serán os días 28 de febreiro e 2 de marzo. As mulleres interesadas poden inscribirse no centro deportivo, presencialmente ou por teléfono
O Ximnasio MATS, en colaboración co Concello de Marín, organiza as II Xornadas de Autoprotección de Defensa Persoal Feminina, unha actividade que se desenvolverá os días 28 de febrero e 2 de marzo, de 10.00 a 12.00 horas, nas instalacións do centro deportivo.
As sesións estarán impartidas por unha mestra titulada en Defensa Persoal Feminina, especialista en Violencia de Xénero. A actividade é gratuita e todas as mulleres que estean interesadas poden inscribirse no propio ximnasio (Rúa Inferniño, 10, baixo) ou chamando ao teléfono 986890973.
Esta proposta valeulle ao Ximnasio Mats recibir un dos Premios Lazo Violeta na celebración do 25 de novembro do 2022, en recoñecemento ao labor que fan na procura da seguridade e da protección das mulleres.