Tres persoas tiveron que ser desaloxadas dunha vivenda que, aínda que se atopa en construción, atopábase ocupada. O motivo, o incendio dun colchón no interior. Segundo Bombeiros do Morrazo e Protección Civil de Cangas, que se trasladaron ata cale Atranco, 7, non houbo que lamentar maiores danos.
Inicialmente a columna de fume visible desde diferentes puntos de Cangas fixo pensar que se trataba dun incendio de maiores dimensións pero, afortunadamente, todo quedou nun susto e foi máis aparatoso que grave.