As solicitudes presentadas supoñen un investimento total que se achega aos 3 millóns
Tras o peche da primeira convocatoria de axudas a proxectos o pasado luns, 2 de marzo, o GALP Ría de Pontevedra (Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro), con sede en Marín, recibiu un total de 22 solicitudes, 9 para proxectos produtivos e 13 para proxectos non produtivos. De eles, tres proveñen do concello de Bueu e 3 de Marín. As solicitudes presentadas supoñen un investimento que se achega aos 3 millóns de euros, concretamente 2.844.183,32 euros.
Durante o mes de febreiro a entidade levou a cabo doce xornadas de asesoramento para a nova orde de axudas a proxectos nas que se trataron cuestións xerais sobre a solicitude das subvencións explicando determinados procedementos e trámites. Con todo, cómpre recordar que o GALP Ría de Pontevedra admite a presentación de proxecto ao longo de todo o ano pero pasada a data da primeira convocatoria, as persoas emprendedoras poden presentar a súa solicitude a partir deste intre e será tida en conta na convocatoria de setembro en caso de haber remanentes de financiamento desta convocatoria de marzo.
Tipoloxía dos proxectos
En relación á tipoloxía dos proxectos, 12 se enmarcan no obxetivo de xeración de valor engadido de produtos pesqueiros, 3 están orientados ao obxetivo ambiental e 7 pretenden contribuir á posta en valor do patrimonio cultural. Dentro de esta clasificación os obxetivos dos proxectos son moi variados; no que respecta aos proxectos do obxetivo estratéxico encontrase o investimento en empresas do sector pesqueiro e melloras en prazas de abastos e equipamentos para confradías de pescadores. Entre os que contribúen á posta en valor do patrimonio cultural se presentan iniciativas que ponen o foco na conservacións de embarcacións tradicionais.
A convocatoria deste ano conta cun orzamento amplo tanto para os proxectos produtivos, máis de 1,5 millóns de euros, como para os non produtivos, 0,5 millóns. Unha das condicións para que os proxectos presentados puidesen optar á axuda era que encaixasen dentro dos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) como son a mellora da competitividade do sector pesqueiro, marisqueiro e da acuicultura; o fomento da diversificación e a xeración de actividade económica na contorna da ría, as melloras ambientais e proxectos de sensibilización, a revalorización e conservación do patrimonio e o fomento tanto da cooperación como do desenvolvemento local.
Os proxectos xeraron 30 postos de traballo e consolidaron 75
O ano pasado entre ambas convocatorias recibíronse 32 solicitudes de axuda, 20 para proxectos produtivos e 22 para os non produtivos. Destes proxectos, foron 16 os aprobados pola Consellería do Mar. O total das axudas aportadas foi de 960.000 euros para un importe subvencionable de 2.021.949 euros e uns orzamentos finais que sumaban 2.441.748 euros.
Desde 2016 o GALP Ría de Pontevedra distribuíu máis de 2,8 millóns de euros destas axudas da Consellería do Mar e do Fondo Europeo do Mar (FEMP). Nestes anos, a entidade financiou máis de cincuenta proxectos na súa área de influencia que xeraron case trinta postos de traballo e consolidaron máis de setenta e cinco.