Os nenos tamén participaron do Entroido de Cobres polos barrios.

O Entroido de Cobres deixou nos barrios de Vilaboa o aperitivo do que será a festa en pouquiños días: Santa Marta, Figueirido e Postemirón, As Salinas…

Parellas de nenos e adultos achegaron o ritmo do Entroido, como antesala da programación que se desenvolverá do 10 ao 13 de febreiro, polas aldeas, acompañados dos grupos musicais.

Arredor dunhas 70 persoas, entre parellas de baile e músicos, escenificaron a beleza do Entroido de Cobres coas súas danzas. Madamas e Galáns fixeron partícipes desta presentación ao público asistente, convidándoos a acompañalos na danza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *